Domingo, 15 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Opinion Cartas Seguridade Viaria no Instituto Proval

Seguridade Viaria no Instituto Proval

Correo-e Imprimir PDF
Portal de acceso ao Instituto Proval

 

Desde hai uns días a dirección do Instituto Proval de Nigrán decidiu non permitir o acceso de vehículos ao estacionamento do Instituto para deixar e recoller aos alumnos. A alternativa ofrecida polo funcionario é que os nenos queden na estrada e crucen a mesma para acceder ao instituto. Parece ser que isto xorde por unha imposición da empresa de transporte escolar ATSA a efectos de poder saír inmediatamente do recinto escolar para cumprir o seu servizo.

Entendo que este feito constitúe unha discriminación cara á seguridade dos alumnos segundo acudan en autobús ou en coche particular ao Instituto e que a dirección do Instituto está poñendo en risco a integridade física dos nenos xa que as condicións da estrada Gondomar - A Ramallosa non son seguras nin moito menos ás horas de entrada e saída dos alumnos.

Resulta inasumible que a dirección dun Instituto que está integrada por profesores adopte unha medida deste tipo arbitrariamente e sen buscar unha alternativa válida para solucionar a situación. Onde quedan as reivindicacións "dá mellora do ensino público"?. Quen será o responsable do primeiro accidente que ocorra?

Parece ser que os recortes que tanto molestan nos soldos de profesores e funcionarios á hora de cobrar a súa nómina, son distintos aos recortes que eles aplican aos dereitos dos nosos fillos de forma arbitraria.