Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas ao director Cartas ao director | As prioridades do goberno de Gondomar

Cartas ao director | As prioridades do goberno de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Di o refraneiro popular que cae antes un mentirán que un coxo….Isto tamén vale para a política e quedou claro no pleno do día 3 de xullo en Gondomar. O goberno municipal en minoría, mal asumida e peor disimulada, levaba tempo insistindo na necesidade de ter aprobados os orzamentos do 2014, segundo o Alcalde, vitais para lle pagar aos provedores, rematar as obras do Auditorio Municipal, ou repartir as subvencións ás entidades culturais, sociais, deportivas, ANPAS, etc. Uns orzamentos que, no mellor dos casos terían unha vixencia de catro meses….. e para iso temos unha concelleira do ramo con dedicación exclusiva, xustamente para ter as contas do Concello ao día.

A importancia vital dos orzamentos traídos á pleno, quedou en papel mollado no momento en que o Grupo Municipal Nacionalista presentamos unha enmenda aos mesmos coa rebaixa do 50% das dedicacións exclusivas que cobran os seis dos oito membros do goberno municipal, e onde os 82.093,20€ de aforro serían incorporados  ás partidas de sevizos sociais e de fomento de emprego. Demasiado sacrifico para o PP !!!..... o sr. Alcalde retirou o asunto da orde do día e fin da historia.

Até ese día todo eran golpes de peito e críticas á oposición por non colaborar co interese xeral que representa o Concello. Agora o interese xeral só está nas nóminas dos concelleir@s do goberno que priorizan as súas substanciosas dedicacións exclusivas porriba das débedas aos provedores, das obras pendentes, ou do reparto das subvencións……

Unha ocasión perdida para lle demostrar a Gondomar que hai un goberno municipal que mira pola cidadanía e polas persoas máis desfavorecidas. O lado positivo desta actitude é que o goberno do Partido Popular en Gondomar quedou retratado nas súas prioridades. Por se alguén tiña dúbidas!!!.

Antonio Araújo Quintas.
Concelleiro nacionalista en Gondomar.