Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Curuto do corvo

Curuto do corvo

As flores da memoria

Correo-e Imprimir PDF

Placa do monumento aos Nove de BaredoAndei estes días acompañando por algunhas horas ao profesor Fernando Rosas na súa visita a Tui, Vigo e Baiona. Os seus traballos posúen unha grande importancia para o coñecemento do Estado Novo, tanto polas obras de referencia sobre o período por el escritas ou dirixidas (Salazar e o Salazarismo (dirección), 1989, Estado Novo, 1994, Dicionário de História do Estado Novo (dirección), 1995-96  ou Portugal Século XX. Pensamento e Acção Política, 2004) como polo labor director do Instituto de História Contemporânea , fundado en 1990, é integrado polos docentes de Historia Contemporánea do Departamento de Historia da FCSH , ou pola orientación que prestou a numerosos investigadores.

Coidar a facenda

Correo-e Imprimir PDF
B.C. Ponte de Mañufe. Sempre que iamos de festa acontecía o mesmo. Aló pola media tarde, meu tío-avó  Nilo erguíase e anunciaba a nosa marcha. As mulleres da casa na que estabamos convidados comezaban  a súa rutineira oferta de cuartos e camas que era contundentemente rexeitada cun definitivo “temos que coidar a facenda”. Unha vez máis alá se ían as miñas ilusións de compartir unhas horas máis cos da miña idade.

A guerra dos botóns

Correo-e Imprimir PDF
La guerre des boutons.Nos seus últimos anos de vida, meu tío-avó Nilo gustaba de lembrar andanzas xuvenís. Recordaba as batallas a cantazos cos encarnizados inimigos da aldea veciña, os odiados rapaces e rapazas de Cancelas, que así se chamaba, e chama, o lugar. Narrábaas cun entusiasmo pouco disimulado. Lembraba como mexaban por riba das fillas da señorita cando pasaban polo fondo da congostra e como untaban cos excrementos que entre todos producían a caravilla da cancela que daba acceso á casa do cura.

Eléctricas Ilusións

Correo-e Imprimir PDF

Matinaba eu, nunha tardiña soleada de primeiros de febreiro, en chegar á casa e poñerme con certas cousiñas atrasadas. Corrixir algúns exames, preparar algunhas clases e redactar algún que outro escrito reiterada e intencionadamente posposto. Mais non puido ser. Non había luz.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL