Venres, 20 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Noticias Veciños de Gondomar rexeitan o proxecto Vigo Integra.

Veciños de Gondomar rexeitan o proxecto Vigo Integra.

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O 29 de xullo do 2008 podería chegar a ser considerado como un día histórico para a sociedade civil de Gondomar, o día en que máis de 550 persoas, incluídos todos os representantes das distintas organizacións sociais, que abarrotaban o Auditorio “Lois Tobío” de Gondomar, deciden, por aclamación, a creación da Plataforma pola retirada do proxecto “Vigo Íntegra” en Gondomar: “Gondomar vive”. Onte deuse un exemplo de cohesión e de sensatez ante unha causa común, e ademáis lanzouse unha menxase clara da ciudadanía ós políticos: “O que non fisestes nin consensuastes durante anos en temas importantes, faino agora o pobo de Gondomar en 10 días”.

O obxectivo prioritario desta Plataforma sería conseguir que o goberno da Xunta de Galicia retire as actuacións previstas do Plan “Vigo Íntegra” ao seu paso por Gondomar, en concreto a vía de alta capacidade Vilaza- Couso e a circunvalación de Gondomar.


As accións previstas, nesta primeira parte do proceso, para conseguir este obxectivo poderían resumirse nas seguintes: Presentación dunha alegación colectiva de todos os veciños de Gondomar, incidindo en aspectos como o uso do chan, o impacto ambiental e paisaxístico, os danos ao patrimonio histórico, as alteracións da estrutura demográfica, os metros de afectación do chan, o illamento ao que condenaría á maioría das parroquias de Gondomar polo feito de crear unha barreira artificial. Sinalando, ademais, neste sentido que este proxecto desobedece as recomendaciones e directivas da Comunidade Europea no que se refire á xestión do chan, o uso da terra e mellora do medio ambiente, entre outras moitas.
Asesoramiento técnico e xurídico a todos os veciños que queiran presentar unha alegación particular.


Solicitar un pleno extraordinario ao Concello de Gondomar para que os distintos partidos políticos se posicionen con respecto a este asunto.
Petición dunha entrevista á conselleira de Política Territorial.
Deixaremos aberta a posibilidade de mobilizacións futuras, no caso de non conseguir os obxetivos propostos.
Estamos seguros, o pobo de Gondomar ten plena confianza en que os poderes públicos entenderán e atenderán esta xusta e razoable iniciativa popular e retirarán este proxecto, que de levarse a cabo, hipotecaría o futuro de GONDOMAR.