O portavoz do PP de Nigrán, Alberto Valverde, cualificou onte o Plan Vigo Íntegra da Xunta como un documento propogandístico destinado a vender fume. Afirma que non existe ningún compromiso de investimento no mesmo, preséntase meses antes das eleccións autonómicas, utiliza unha cartografía anticuada de fai dez anos e, para rematar, divide en dous a parroquia de Priegue.
Por estes motivos rexeita o documento e levará o tema ao próximo pleno para impedir «que desde a Xunta aprovéitense dos veciños en complicidade co goberno municipal». Tamén critica a tardanza do equipo de goberno por facilitar a información, posto que fai xa semanas que se presentou.