Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Festival portAmerica Crónica do festival PortAmérica

Crónica do festival PortAmérica

Correo-e Imprimir PDF

Zoe en portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Repousadas as melodías e as patatas fritas con ketchup  (do posto de bocadillos con “pan recén feito” da área #gastro ) e mentres volvemos ver a Zoé (esta vez apenadamente non en directo, no youtube), escribimos sobre a primeira edición do Festival de Música e Ideas PortAmérica, unha conexión profesional e social daquel mundo que flota, entre o Atlántico e o Pacífico, fronte ao noso e este, que cree que resiste mellor, pero non.

O grupo mexicano, que aproveitou para comer por primeira vez marisco galego, ofreceu un concerto serio, rigoroso e intenso. Malia que a banda cantada por León Larregui ten xa 15 anos de historia, foi un descubrimento para moitos, inclusive nós. Letras empáticas escoitadas por bocas caladas agás as duns poucos incondicionais.

Julieta Venegas no festival PortAmérica - Imaxe Oscar Pinal

O cartel do festival atraeu ás masas cunha insípida e aburrida Julieta Venegas bailando ao son de pegadizas cancións e reivindicacións ao amor, con corazóns incluidos, e á anerxía positiva e cuns Vestusta Morla vetustos se os comparamos co seu público, VM pintado na cara e berrando máis ca coreando. A Pucho e aos seus faltoulles a enerxía doutras ocasións e sobroulles ideas para chamar “non á indiganación, senon á iluminación” e temas do tan manido “Un día en el mundo”, o disco anterior ao último, “Mapas”.

Love of lesbian en portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Fervor de fans en portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Tamén o concerto de Love of  Lesbian, malia o furor causado entre as máis novas, non foi o das súas convocatorias en solitario. A simpatía e o feed back propio de Santi Balmes e do “cachondo” baixista JoanRa escaseou desta vez. Nin disfraces, nin chistes. Quizais porque era un corto concerto de festival e porque a presenza no escenario durante dous temas dos irmán Ferreiro, anfitrións e profundos con ironía, deixounos a eles flotando. Xa o xoves compartiran e prestáranse temas, o día no que os protagonistas foron Iván Ferreiro, coma na casa, e outro galego, de máis ao norte, Xoel López (aínda que dende que volveu das Américas con moza arxentina está a perder un pouco a identidade persoal e musical e a esencia daquelas cancións que o fixeron brillar con Deluxe e en solitario).

Corizonas en portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Corizonas no festival portAmérica - Imaxe Oscar PinalCorizonas no festival portAmérica - Imaxe Oscar PinalVetusta Morla no festival portAmérica - Imaxe Oscar Pinal

Os excepcionais Kitty, Daisy & Lewis e o híbrido Corizonas chamaron menos aos indies cós rockabilly. Máis orixinal a familia swing inglesa, do mellor do festival e con todo nin un Bis lles deixaron, cós segundos, que dende que se xuntaron oficialmente parindo o LP “The News Today” ( Arizona Baby e Los Coronas eran banda separadas) perderon a frescura da improvisación de “Dos bandas y un destino” e difuminaron extraña e monótonamente o surf co country. Subliñar, iso si, as versións de clásicos do rock duns músicos que, xuntos ou separados, melenudos e maqueados, non teñen pegas técnicas nin pelos na lingua para denunciar en imaxes proxectadas e en palabras e xestos a quen política e socialmente non o fixo nin o está facendo ben, dende Pinochet a Rato.

Fuel Fandango en portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Mención á parte para Fuel Fandango, só tres sobre as tablas fixeron botar a centos de persoas no día, o sábado, que máis afluencia houbo no PortAmérica. O “rollazo” e o ben cantar de Nita e a experiencia de éxito do produtor Ale Acosta, con Carlos Sosa á batería, danlle unha linguaxe (andaluza) propia a súa música. Nótase que a voz da artista cordobesa pasou da copla e o flamenco ao soul e o funky porque salta do castelán ao inglés sen escrúpulos e sen flaquear, mezclando electrónica con flores folclóricas.

Zoe en portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Onda Vaga, a banda independente arxentina, non estivo nada mal para comezar o último día de festi e curar a resaca da noite anterior. Uns puideron mirarlle á cara aos músicos, outros apreveitaron a sintonía para merendar, ducharse e acicalarse nun camping repleto, pegadito ao escenario (para ben e para mal) con baños e duchas fedorentas e sen sombra nuns días de sol e calor moi agardados nas Rías Baixas pero non tanto para quen desperta asfixiada nunha tenda de campaña escasa e sen porche nen corredor despois de durmir dúas horas porque os platos do último pinchadiscos non pararon de rachar.

Festival portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Depedro ofreceu o seu recital entre lusco e fusco, a contraluz. Moi apropiadas as cancións de Jairo Zavala para o atardecer. As firmadas e as versións, como a da lexendaria La Llorona, das que todos gardamos a súa melodía nalgún lugar que descoñecemos.

Os Djs que pecharon ata o mencer: bailóns, descompasados e surtiditos de temas que danzamos nas discotecas dos noventa. Divertidos para tanto cansanzo festivalero e lixeiriños para desconectar de tantas letras de vida e amor.

Acampada en portAmérica 2012 - Imaxe Oscar Pinal

Pois iso, un festival para repetir se obviamos a inapropiada zona de acampada, a falta de medios para a prensa, a intrasixencia dos gardaportas con copas que saen e entran do recinto e os bonitos Amaros (a moeda do PortAmérica) de plástico aínda por riba pouco prácticos. O mellor: o ambiente vitalista e praieiro, a familiaridade, atoparte aos artistas entre o público disfrutando doutros artistas cunha Estrella Galicia e as propostas artísticas e comerciais de #Mercainnova.

E menos mal que estaba o regato e o burro para invocar nun parque empresarial un marco bucólico.