Juan A. González Pérez - A Ramallosa – Licenciado en Historia . De 1999 a 2003 Secretario Xeral do Partido Socialista durante o goberno de Manuel Rial como Alcalde . En 2011 foi Tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo, Economía e Facenda, Servizos Socias ou Cultura no mandato de Efrén Juanes como Alcalde.
Economía
Nigrán, xunto aos concellos do Val Miñor atópanse na cola de concellos de Galicia con menos inversión por habitante, nunha media de 25€/habitante pese ao elevado orzamento municipal que manexa e as contínuas subas de impostos . Que opinión lle merece a actual política de gastos e ingresos do Concello de Nigrán?
É necesario un cambio urxente para que os orzamentos de Nigràn fàganse pensando ñas persoas e sobre todo nas que màis o precisan.
Podería adiantar algunha proposta concreta do seu partido cara á dinamización da economía local de Nigrán. Ao seu criterio qué sectores deben impulsar Nigrán como concello?
Sen lugar a dúbidas Servizos Sociais, Emprego, Educación e o Urbanismo a través dun novo PXOM para a maioría.
A Mancomunidade do Val Miñor – Como valora os acordos/actividade deste ente supramunicipal? Cales son as súas propostas para os próximos 4 anos?
Non existiron. Loitar para que a Autoestrada do Val Miñor sexa libre de peaxe e sexa a verdadeira circunvalación do Miñor sen necesidade de abrir novos viais que rachen e destrocen o noso municipio.
Emprego
Que opina das políticas de emprego desenvolvidas no concello? Que iniciativas pode esperar a cidadanía nesta materia de vostede acadase a alcaldía?
Non existen. Plans Municipais de Emprego, Convenios coas empresas instaladas en Porto do Molle, apoio ao emprendemento, apoio ao comercio local,...
Podería adiantar algunha proposta concreta do seu partido cara á dinamización da economía local de Nigrán? Ao seu criterio que sectores deben recibir o empuxe do goberno local?
Apoio ao comercio e autónomos, aposta polos sectores de economía emerxente, potenciar o Porto de Panxón como dinamizador da cultura e economía mariñeira,...
Cal é a súa visión das políticas cara á xuventude adoitadas nos últimos catro anos? Que iniciativas presentará para mellorar a calidade de vida da mocidade de Nigrán?
Non existiron. Apostar polo deporte, pola cultura, pola educación pública.
Servicios sociais
Qué valoración fai das políticas sociais e de axuda á dependencia / emerxencia social dende o concello? Cales son as medidas concretas que propón o seu partido?
Non existen. Reforzo do departamento de servicios Sociais tanto económicamente como con persoal para que en Nigràn "ninguén quede fora"
Corrupción – transparencia - participación
Qué medidas concretas adoitará o seu partido de cara a erradicar a lacra da corrupción no eido local?
Ser como somos. O PSOE de Nigran nin tivo, nin ten, nin terà nada que erradicar porque nunca foi nin será corrupto.
Que cambios considera urxentes en materia de transparencia, xa sexa no acceso á información como na contratación de empresas e persoal para servizos municipais?
A nosa primeira medida electoral é transparencia, participación e consenso. E imos cumplilo.
Os plenos municipais/ supramunicipais dos últimos catro anos non teñen sido exemplo de democracia participativa? Que medidas propoñen de cara á facilitar a participación da vecindade e dos colectivos no impulso de iniciativas populares?
Toda a participación do mundo.
Urbanimo
Ao seu criterio, cales son os principais problemas polos que xenera tanto rexeitamento o PXOM de Nigrán? Que camiño propón para superar eses atrancos?
Por qué é un mal plan Xeral. Transparencia, participación, consenso e un goberno forte e de maioría do Partido Socialista.
En materia de mobilidade e transporte, cales son os principais desafíos que debe asumir o próximo goberno municipal? Que papel debe xogar o futuro goberno de Nigrán para acadar un transporte público adecuado en materia de servizo e custe entre as parroquias?
O maior desafío e intentar que as nosas parroquias e a nosa área metropolitana mellore a Rede de transporte público.
Medioambiente
A Foz do Miñor, un espazo en Rede Natura machacado pola contaminación? Cales son as súas propostas para restaurar a degradación deste espazo de alto valor ecolóxico?
Control férreo dos verquidos no esteiro e un plan especial para a recuperación integral da Foz do Miñor.
Que outras medidas de recuperación ou melloras ambientais plantexades dende a vosa candidatura?O respeto, o cuidado e a recuperación medio ambiental serán un eixo vertebrador de todas e cada unha das nosas políticas.
Ademais dos temas consultados, que propostas entende urxente encaminar cara ó mandato 2015 – 2019?
Achegar a administración às persoas; aposta decidida polo Emprego, aprobación dun PXOM que beneficie à maioría e sobre todo que beneficie a Nigran, apoio à cultura, ao deporte, a educación pública... Facer un Nigran para as persoas e no que ninguén quede fora.