
A chegada do verán animou a todos os presentes a cumplir coas tradicións precristianas para loitar contra os efeitos das meigas. A meteoroloxia se alió anoche cos ritos profanos da noite mais corta do ano e calmou as temperaturas para que os asistentes saltasen fogueiras de vários metros de altura.
Os dous centrais, organizadas polo Concello de Nigrán, consumiron 40 toneladas de madeira, pero a praia acolleu decenas de pequenas fogatas realizadas por viciños e asistentes que acompañaron o ritual con sardiñas, veu e pan de millo.
A música completou a grande oferta lúdica da xornada. Por un lado, praia América acolleu o concerto de Amistades Peligrosas. No areal de Panxón ficaron os mais maiores coa verbena. Pero ben entrada a madrugada, vários DJ fixeron saltar a centos de xoves, moitos deles afectados pola inxesta masiva de alcool.
A festa, repartida en duas frontes, contou en todo momento co controlo de mais de corenta persoas. Axentes da Policia Local, a Guardia Civil, Protección Civil, o Grupo Municipal de Intervención Rápida e persoal sanitário con duas ambulancias asistiron aos presentes.