Bombeiros traballan arestora para apagar un lumen declarado no vertedoiro ilegal de Nigrán

Imprimir
Efectivos do GRUMIR e da Xunta tentan apagar o lume.

As lapas prenden arestora no vertedoiro ilegal do concello de Nigrán no barrio de Camesella  (San Pedro), onde bombeiros da Xunta e Grumir afánanse en extinguilo.

As causas do lume ainda non foron esclarecidas, pero coinciden coas tarefas de retirada das toneladas de lixo e entullo acumulado no vertedoiro ilegal.

O lume sucede tan só un día despois de que o Concello se vise na obriga de inaugurar o novo punto limpo municial, rematado fai oito meses, sen que desta vez a titularidade da estrada que da acceso fose impedimento para a súa posta en marcha.

Todo apunta a que presión exercida pola denuncia dos socialistas ante o Seprona por un presunto delito medioambiental fose o detonante desta precipitada inaguración dado que o expediente iniciado pola benemérita podería carrexar unha sanción económica para o concello nigranés.

As imaxes da inaguración onte do novo punto limpo municipal, contrastaban coa imaxe do vertedoiro ilegal situado a tan só cen metros das flamantes e ainda non estreadas, instalacións anexas á Estación de Depuración de Augas Residuais.  EDAR

Así a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Ethel Vázquez. a delagada da Xunta de Galicia en Vigo, María José Brabo Bosch e o alcalde Alberto Valver, inauguraran as novas instalacións que tiveron un custe de 300.000 euros. 

O retraso.

Segundo argumentaba o goberno municipal, o motivo do retraso da súa posta en marcha debeuse á falta de un acceso adecuado para vehículos pesados, no que a titularidade da estrada estaba disputada entre o concello e Zona Franca de Vigo propietaria dos terreos, que mantiñan un pleito do que pouco se sabe da súa resolución. 

Pese a todo, o goberno municipal insiste en sinalar ao goberno anterior de Efrén Juanes, como o causante do problema de "alegalidade" do acceso, así como da orixe do vertedoiro ilegal do que o propio concello fai uso para despoistar residuos municipais. 

A denuncia

A acumulación de lixo ás beiras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Pedro e a canle do Río Muíños foi obxecto dunha inspección e apertura de investigación por parte dun operativo do SEPRONA. O vertedoiro ilegal acolle "rodas, neveiras, ordenadores, televisores, colchóns, restos de obras, e lixo de todo tipo, cun grave perigo sanitario e ecolóxico" segundo denuciaba Juan González. "As ratas multiplícanse e se non se toman medidas inmediatas pode producirse un importante risco sanitario", advirtía o edil Juan González (PSOE).

González afirmaba que o concello puxera como solución ao problema tapar cunha tela o perímetro do vertedoiro para que non se vise dende o exterior o lamentable estado da zona.

Fontes consultadas sinalan á posibilidade de que a denuncia dos socialistas terminaran nun expediente sancionador ao concello de Nigrán, de ahí a premura por inaugurar as novas instalacións, e de iniciar as tarefas de limpeza do vertedoiro. Tarefas anunciadas onte polo alcalde de Nigrán durante o acto de presentación.

Polo de agora descoñécese a opinión do propio concelleiro da área de Medioambiente de Nigrán, Antonio Vidal, que ocupa o cargo dende febreiro deste ano logo da dismisión do ex-concelleiro de vías e obras imputado na operación Patos.