
Co titulo â??Lula, Brasil e o Mundoâ??, a VI edición do Foro Iberoamericano que organiza o Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacionalâ??) en Baiona, efectuará unha aproximación ás principais claves do perÃodo de cambio que atravesa Brasil, tanto na orde económica, como social e polÃtica. Igualmente, analizarase o significado da polÃtica de Lula no contexto rexional e internacional, en especial o seu empeño por establecer unha estratexia mundial contra a pobreza e unha alianza entre os paÃses do Sur para configurar outro mundo posible, como afirman en Porto Alegre.
O repaso do actual estado de cousas en Brasil será efectuado por José Gilberto Scandiucci, diplomático, doutor en EconomÃa pola Universidade Estadual de Campinas, Brasil, profesor do Centro Universitario de Brasilia e do Instituto RÃo Branco, entidade formativa do Ministerio de Relacións Exteriores de Brasil.
O acto desenvolverase na CapitanÃa MarÃtima de Baiona o próximo venres dÃa 25 de febreiro a partir das 20,00 horas.
O Foro Iberoamericano chega asà á súa sexta edición. Nacido en 1999 co propósito de salientar o papel de Baiona no encontro entre as realidades europea e americana e abordar reflexións sobre temas de actualidade e interese para ambos continentes, durante este perÃodo foron obxecto de atención as crises de Chile e Pinochet (Roberto Montoya), as expectativas do Mercosur (MartÃnez Puñal), a situación da emigración galega (responsables das áreas de emigración dos principais partidos galegos), a crise venezolana (Roberto Mansilla e Xosé Ferreiro), ou o perÃodo de cambio que se abriu recentemente en todo o cono sur americano (Rubén C. Lois González).
Fonte - Xulio Rios (IGADI)