O asesor xurÃdico de Baiona ten clientes contra o Concello. O PSOE de Baiona critica que a actividade do asesor xurÃdico contratado polo Concello é incompatÃble co seu traballo no seu despacho particular. A portavoz, Isabel DomÃnguez, critica que o letrado Juan Colón «está agora mesmo a ambos lados do mostrador e ten acceso a información de carácter privilexiado e de moito interese para os clientes do seu despacho».
Este profesional é o advogado de asuntos de releváncia urbanÃstica en Baiona, representando intereses de diversos cidadáns contra o Concello. Os socialistas denuncian que, lonxe de renunciar aos seus clientes, o que fixo foi nomear a outra abogada do seu despacho para levar estes casos.
Para o alcalde, Xesus Vázquez Almuiña, o que fai o PSOE con estas denúncias é entorpecer o traballo posto en marcha desde a nova secretaria técnica de Urbanismo.