
O Poeta da Terra Chá, Chairego universal
"A Terra Chá, xeograficamente, fórmana unha ducia de concellos ou parte deles. Trátase dunhas terras visitadas polo vento cántabro, de ceos grises, habitadas por pequenas lagoas, cruzadas por mil rÃos, sendo o principal o Pai Miño, caudal e poderoso. Era unha bisbarra eminentemente labrega, moi centeeira, con grandes extensións de monte raso. Abundan, nas beiras dos rÃos e nas lamas, os abeneiros, salgueiros e abidueiras. Debido ao actual abandono da agricultura, a Terra Chá converteuse nunha xigantesca mancha verde, na que medran toxos, xestas e codesos que rebentan en poderosos amarelos nas floridas primaveras: un mato mesto que mudou a paisaxe tradicional.
Don Ramón Otero Pedrayo, Antonio Fraguas, Evaristo Correa Calderón, Antonio Peña Novo, Ã?lvaro Cunqueiro, Ã?nxel Fole e Francisco RÃo Barja, entre outros moitos, teñen escrito fermosas páxinas que tratan da Terra Chá e de diversos temas chairegos.
Don Ramón Otero Pedrayo foi, sen dúbida, o grande, lúcido, apaixonado teórico e intérprete da nosa paisaxe. Entre nós hai un antes e un despois de Otero Pedrayo no xeito de entender e sentir a paisaxe".
Podes ler a súa poesÃa e escoitar a súa voz na Biblioteca Virtual Galega
BiografÃa e textos de Manuel MarÃa en Galicia Espallada, inclúe o seu discurso de ingreso na Academia Galega (2003).