A metade das duchas de pago de Nigrán xa eran gratuítas por fallos nos dispositivos de lectura das tarxetas.

Imprimir
ducha canas

Unha das principais novidades deste ano nos areais de Nigrán é a supresión das duchas de pago. Sen embargo o Concello informa que actualmente fóronse substituíndo na nova función mecánica todos aqueles dispositivos de tarxeta que presentaban disfuncións, co resultado de que o 50% das duchas xa funcionan gratuitamente.

O custo do mantemento do servizo "non compensaba o aforro de auga e o actual goberno aposta por medidas de concienciación e educación da cidadanía para implantar unha verdadeira cultura do aforro de recursos hídricos", sinalaba este martes o alcalde Juan González.


Engade que tras consultar as cifras co departamento de Intervención, o Concello "gastou neste tempo máis de 100.000 euros e solo recuperou 14.300 (procedentes das recargas)".
Por riba un informe da enxeñeira municipal, citado no informe, reflexa que o sistema quedaría amortizado nun prazo de 60 anos.