Desaparecen as laxes gravadas con textos do escritor Carlos Casares do Paseo de Panxón.

Imprimir
CAM00077

Onde están as laxes gravadas cos textos de Carlos Casares? A pregunta está en boca dos veciños e visitantes que trala recente apertura do paseo marítimo de Panxón non logran atopalas.  Espalladas no chan formaban  un conxunto cultural co monólito que lembra a Casares no inicio do paseo.  As pezas formaban parte dunha homenaxe do Concello de Nigrán ao senlleiro escritor e xornalista ourensán que residira por moitos anos en Vilariño e cuxos restos descansan dende 2002 no cemiterio de San Fiz. Nin a Xefatura Provincial de Costas que cambiou o pasado mes as antigas laxes do paseo por baldosas , nin o Concello de Nigrán deron ata de agora unha explicación pública do retiro e o destino final das mesmas.

O conxunto inaugurado en 2003 permitía un percorrido diferente polo paseo moi apreciado por veciños e visitantes. A medida que se avanzaba cara o porto, podíase alternar as fermosas vistas marítimas co descubrimento de fragmentos das obras do escritor. Agora queren saber si poderán volver a facelo.