Detido pola Garda Civil un veciño de Gondomar como suposto autor dun atraco en Tui.

Imprimir

A Garda Civil detivo o venres a R.C.R.R. de 38 anos de idade e veciño de Gondomar como suposto autor dun roubo nun establecemento hostaleiro de Tui. Os feitos tiveron lugar nun restaurante do concello o pasado día 5 de febreiro cando un home entrou no lugar cun casco de motocicleta e un coitelo, segundo da conta La Voz de Galicia. Segundo a versión tras intimidar á dependenta levouse os cartos gardados na caixa rexistradora.


A Garda Civil de Tui iniciou as correspondentes investigacións e logrou deter ao autor. Ademais, interviñeron un vehículo de marcha Wolksvagen modelo Polo que usaría na fuxida para perpetrar o roubo. O detido ten antecedentes policiais e o xulgado decretou prisión preventiva.