Unha caravana solidaria chegará dende Lugo en apoio aos afectados polas preferentes pechados en Gondomar.

Imprimir
A plataforma leva meses ocupando a entrada do concello de Gondomar

O vindeiro sábado 16 de marzo, unha “Caravana Solidaria” atravesará o país para achegarse ata o Concello de Gondomar, onde se atopan pechados os membros da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do municipio. A comitiva es esperada sobre as 12 horas na praza da Paradela, onde será recibida pola plataforma e veciños.

A Caravana Solidaria formouse para dar apoio aos afectados polas preferentes e subordinadas de toda Galicia. O sábado sairá de Lugo e irá recollendo persoas ao longo do percorrido, que pasará por Santiago e varios puntos da provincia de Pontevedra. A caravana pasará por Gondomar para logo dirixirse ao Baixo Miño.