O goberno de Gondomar presentou unha alegación ao plan de infraestruturas da Xunta, Vigo Íntegra, para que elimine os proxectos que están contemplados neste Concello. O alcalde, Antonio Araúxo, cualificou onte como «un disparate» a intención de realizar unha vía de alta capacidade con características de autovía que enlace Tomiño co acceso da autoestrada en Areíña. O rexedor nacionalista afirmou onte que o trazado levaría por diante medio centenar de vivendas e desmembraría as parroquias de Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.
Dixo que a Xunta non tivo en conta as vivendas de recente construción porque empregou unha cartografía de fai máis de 15 anos para trazar este viario.
Continúa na
Voz de Galicia