O edificio previsto ten unha altura de 11,98 metros e a parcela está dentro da ordenanza número 6, onde só se permiten vivendas dunha altura máxima de 6 metros. Os técnicos municipais xa se pronunciaron en contra do proxecto no ano 2002 e agora o regidor, Alfredo Rodríguez, quere facer valer outros informes realizados por especialistas alleos ao Concello e pagados pola Fundación San Rosendo para xustificar o permiso municipal. http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=4322786