Uns 350 turistas participaron das rutas culturais organizadas por Turismo de Baiona no mes de xullo.

Imprimir
O turismo cultural medra en Baiona.

Turistas madrileños, cataláns e manchegos, xente de Castela e León e por suposto de toda Galicia puideron gozar durante o mes de xuño das visitas guiadas que ofreceu o Concello de Baiona. Entre os destinos que percorreron os visitantes atópanse a Fortaleza do Monterreal , a lonxa baionesa, o casco histórico e os monumentos máis emblemáticos da vila.

Segundo estimacións da concellería de Turismo local, nestas visitas participaron próximo a 350 persoas. A concelleira responsable, María Iglesias, estimou que o 70% dos participantes estaban aloxados en establecementos da vila.

A Concello comunica que estas visitas terán continuidade ao longo do mes de agosto os días martes (fortaleza do Monterreal), xoves (paseo marítimo e lonxa) e sábados (casco histórico da vila e monumentos máis emblemáticos. A esta actividade engádese as visitas ás rutas medioambientais polas parroquias de Baiona, tamén organizadas polo Concello.