O supermercado Mercadona oferta 5 postos de traballo nas súas instalacións en Porto do Molle.
A tan só 72 horas da súa publicación nas redes, próximo a 3.400 persoas xa se sumaron á oferta no portal de emprego Infojobs e a cifra medra a cada hora.
As cinco vacantes son a xornada completa (40 horas semanais), de luns a sábados.
Segundo a oferta publicada no portal, non se require experiencia previa sendo a formación a cargo da empresa. O salario ofertado vai de 15.000 a 18.000 euros brutos anos, con contrato indefinido.
Os candidatos e candidatas deben ter cursada a ensinanza secundaria obrigatoria (ESO) completa, residir na provincia e ter carné de conducir para o posto de repartidor.