Veciño de Baredo detido como presunto autor dun incendio forestal.

Imprimir

A Policía autonómica detivo na parroquia de Baredo, en Baiona a un home como presunto autor dun incendio que afectou a 7.000 metros cadrados de monte. Segundo as autoridades, o incendio iniciouse por unha queima de lixo "sen adoptar as medidas de seguridade". Para extinguir este incendio foi necesaria a intervención dos servizos de extinción da Xunta de Galicia.