Trátase de actividades destinadas a que os máis novos coñezan o territorio e as formas de actuación sobre el que as respectivas poboacións foron realizando.
Para desenvolver coñecer a identidade da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal ofrécese aos centros participantes na XIV xornada de radio interescolar a posibilidade de realizar visitas para o mellor coñecemento do territorio.
Estes intercambios territoriais pretenden poñer ao alumnado en contacto directo con formas básicas de organización territorial estudiadas no proxecto terra: a aldea, a parroquia, a vila, a cidade e a área metropolitana.
As visitas contan con monitores e guías que explican aos máis novos as diferentes formas de intervención sobre o territorio.
As visitas teñen unha duración de dous días e inclúen e manutención e o aloxamento e sen custe para os centros. Realizaranse até o mes de xuño.
Poderán realizarse visitas de dous días a Ferrol e a Allariz (mércores e xoves) e a Melgaço tamén dous días, calquer día da semana. Estas visitas incluen actividades programadas de varios tipos realizadas por monitores e especialistas quen mostrarán ademais o entorno natural e cultural destes enclaves e o seu hábitat.