O Concello de Nigrán organiza mañá xoves unha nova peque-ruta, nesta ocasión aos pes do monte Montecastelo (Parada).
O punto de encontro será ás 18,00 horas un pouco antes da chegada ao propio merendeiro de Montecastelo (estará sinalizado).
A actividade está especialmente deseñada para o disfrute dos máis pequenos, tratándose dunha andaina tematizada baseada nun rescate de animais con diferentes probas de habilidade e pericia.
A ruta consta duns 3 km de lonxitude e dúas horas de duración aproximadamente.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.