"Bai de Tapas" acada as 10 mil tapas servidas nos primeiros 15 días da campaña.

Imprimir
bai-de-tapas-baiona

"Máis de 10 mil tapas servidas, é o resultado dos primeiros 15 días do concurso "Bai de Tapas" según os datos dos organizadores, Concello de Baiona e  Asociación de comerciantes local ACEBA. A cifra foi cualificada como un "éxito", pola concelleira de Turismo, María Iglesias, quen salientou que a "elaboración de las tapas, su calidad y su presentación, está sorprendiendo a todo el público participante, que valora positivamente esta iniciativa".

 A campaña - concurso, "Bai de Tapas", está presente en 19 establecementos. Comezou o pasado 19 de abril e terminará o próximo 20 de maio.

Os interesados en participar no concurso, deberá degustar algunha das 49 tapas que se serven nos 19 locais que forman parte da ruta e encher un posavasos, a modo de papeleta, onde indique a puntuación outorgada á tapa e os seus datos persoais. Entre os participantes, realizarase un sorteo de estancias e ceas na Vila. Da suma dos votos dos clientes, obterase o Premio á Mellor Tapa.