Ingresan sete novos auxiliares na Policía Local de Baiona para cubrir os servizos do Verán.

Imprimir
auxiliares-policia-006

Sete novos axentes engrosan as filas da Policía Local de Baiona. Con estes, o concello contará con 21 efectivos de cara á tempada do verán onde a poboación da vila medra de forma importante. Os novos ingresos contan con experiencia no cumprimento destas funcións tanto en Baiona como noutros municipios, ademais de preparación académica adecuada, informan dende o Concello.

Esta mañá o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña deulles a benvida aos recentemente incorporados e recordoulles que "a súa prioridade debe ser en todo momento o servizo á cidadanía e a prestación de axuda, deixando os labores coactivas ou sancionadoras no seu segundo plano".

O alcalde opinou que débese ter en conta que a Policía Local, por ser a máis próxima á cidadanía, é a primeira en actuar en caso de accidentes ou sinistros de calquera outra índole. Tamén son os primeiros en acudir cando o cidadán reclama a atención dos servizos de urxencia ou cando se rexistra calquera tipo de denuncia. A isto hai que engadir a vixilancia de tráfico, o mantemento de orde pública, velar polo coidado e seguridade dos escolares á entrada e saída de colexios, os conflitos veciñais, ou a resolución dunha infinidade de asuntos para os que son requiridos.