A través dun escrito, os comerciantes do centro A Romana, a xunta comercial do centro Século XXI, a Asociación de Empresarios do Val Miñor e a Asociación de Veciños A Unión da Ramallosa solicitan a adaptación do solar anexo á piscina municipal, enmarcado no Peri 5 como aparcamento temporal para residentes e clientes dos estabelecementos da zona. Todos eles consideran que dita explanada desconxestionará en grande medida a circulación e aportará unha importante bolsa de aparcamentos ate o mes de outubro, data en que se prevé iniciar a construcción do subterráneo.