Nadal entre amigos é unha iniciativa de ConsellerÃa de Familia para que as persoas maiores que por calquera circunstancia se atopen soas, poidan pasar estas datas nun ambiente agradable e con actividades.
O vindeiro mércores, 24, remata o prazo de presentación de solicitudes para poder optar a unha das 315 prazas do programa "Nadal entre amigos", promovido pola ConsellerÃa de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. As incricións deberán depositarse nas delegacións provinciais, nos centros da terceira idade, no Centro de Servizos Sociais, aÃnda que tamén se poderán formalizar chamando ao Teléfono do Marior, 900 333 666.
O obxecto da iniciativa, totalmente gratuita, que se desenvolverá entre o 23 de decembro e o 1 de xaneiro, nos hoteis "Sada Marina" (Sada - A Coruña), "Egatur Libertad" (MarÃn - Pontevedra), "Las Sirenas" (Viveiro - Lugo), na Vila Termal de Arnoia (Arnoia - Ourense) e na Residencia "Euxa" (Narón - A Coruña) é que as persoas maiores que nas datas do Nadal se atopen soas poidan pasar uns dÃas de vacacións de balde, coa posibilidade de compartir estas festas nun clima de convivencia e participación.
Entre os requisitos necesarios para facerse cunha das prazas de "Nadal entre amigos" están o de ser maior de 65 anos, residir en Galicia, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, atoparse só nesas datas, ter un nivel de ingresos económico baixo e non estar residindo nun centro da terceira idade.
Xunto coa solicitude, a persoa deberá presentar fotocopia compulsada do DNI e do cónxuxe, se é o caso; certificación ou fotocopia compulsada acreditativa da/s pensión/s que percibe o solicitante, asà como do seu cónxuxe se procede (se non son pensionistas precisarase certificación negativa, expedida pola entidade correspondente); fotocopia compulsada da declaración da renda e certificado de convivencia actualizado do/s solicitante/s.
O programa, que non lle supón desembolso económico aos participantes, inclúe estancia en cuarto dobre en pensión completa, réxime alimenticio especial para as persoas que por prescrición médica o requiran, asistencia sanitaria e a posibilidade de realizar diversas actividades socioculturais.