Neste Consello participan mais de cincuenta centros, tanto de carácter público como privado, que organizan encontros e seminarios e tratan de poñer en común as súas actividades e facilitar o intercambio do coñecemento, a crÃtica intelectual e a construcción dunha auténtica rede de académicos e investigadores.
O IGADI participará como membro de pleno dereito no próximo encontro de latinoamericanistas que terá lugar o ano próximo en Tordesillas (Valladolid) e tentará recabar apoios para que o XII Congreso de Latinoamericanistas, previsto para 2006, se celebre en Baiona.