O Val Miñor despide agosto con concertos e festas populares

Imprimir

Concerto clásico en Paxón, Senderismo por Camos, Feira de Artesanía en Sabarís e Romeria na Virxe da Rocha con Concertos e Sardiñada

O Val Miñor afronta o último fin de semana de agosto con numerosas actividades lúdicas. En Nigrán, esta noite actuará o dúo de cámara formado pola soprano Teresa Novoa e o guitarrista Tomás Camacho.

A actuación comezará ás 21.45 horas no Templo Votivo do Mar de Panxón e o programa está composto por adaptacións para voz e guitarra de obras de Albéniz, Alberto Ginasteira, Granados, Falla, Joaquín Rodrigo e do próprio Tomás Camacho.

Este dúo constituido dende fai mais de 5 anos é unha acostumada formación cuia finalidade é oferecer versións fidedignas e orixinais do repertório español para voz e guitarra. Nos seus numerosos concertos realizados en España e o resto de Europa, a crítica especializada destacou a forza, orixinalidade e o enxebrismo das suas versións, especializadas no repertório da música española. gravaron dous discos compactos con música de Manuel de Falla, Joaquín Rodrigo e obras do cancioneira popular español.

Ademais, mañá domingo está organizada unha rota de sendeirismo pola paróquia de Camos. A saída será ás 10 da mañá desde a secretaria de Turismo das Dunas de Gaifar. Trata-se dunha rota de dificuldade meia alta, con un percorrido de 10 quilómetros de duración e unha duración de case tres horas.

En Baiona, a asociación de viciños Castro o Ladeira organiza hoxe e mañá unha feira de artesanía no barrio de Sabarís.

Este domingo terá lugar unha das citas mais tradicionais da temporada de verána coa celebración da romaria da Virxe da Roca. O programa de festas comezará ás once e meia desta noite con un concerto da banda de música de Baiona, dirixida por Gabriel Rodríguez, na praza do Concello.

O domingo haberá unha misa solene ao pé do monumento e seguídamente actuacións folclóricas. ás duas da tarde terá lugar a «Festa dá Sardiña», unha comida campestre no área recreativa do monumento. pola tarde continuarán as actuacións folclóricas.