"Os lumes apáganse no inverno" É unha frase moi repetida por todos os sectores consultados por Vieiros ao fío do problema dos incendios, para subliñar as eivas na prevención dos lumes. O ministerio de Medio Ambiente poñÃa nas primeiras planas recentemente un presunto abuso coa reutilización de terreos queimados para prantar viñas. Pola súa banda, a consellerÃa de Medio Ambiente subliñaba a intencionalidade da maiorÃa de lumes e o impulso da loita policial contra os incendiarios. No fondo da cuestión a vella promesa de Fraga na súa entrada na polÃtica autonómica de ir acabar cos incedios en seis meses. Quince anos e moitos millóns de euros gastados despois, a pé de monte, veciños, ecoloxistas ou axentes forestais advirten: a situación está igual, ou se cadra, aÃnda peor.
Que precisamos para rematar cos incendios?[10/08/2004] Quen queima o monte? Por que? Como pode rematarse co lume nos montes? Que erros se viñeron cometendo deica agora? Cales son as prioridades para o futuro? Sobre estas e outras cuestións falaron para Vieiros un conxunto de persoas dende diversos ámbitos:
Xabier Vázquez Pumariño, ecoloxista (Adega):"cantos máis cartos se gasten na extinción significará que o fracaso é maior"Xosé Santos, axente forestal (CCOO): "a consellerÃa segue preferindo o uso de teorÃas exculpatorias, pero sen profundizar e sen abrirse a debater"Manuel Canitrot (CIG): "o monte está abandonado, máis aÃnda: dá problemas, e nesa situación as probabilidades de que arda soben moito"Xosé Pereira, Asociación de Montes de Man Común: "nunca entendemos por que a Xunta se nega a constituÃr ese foro conxunto que esiximos"Xoán Monasterio (Sindicato Labrego Galego): "o problema básico está no despoboamento do rural" "Apagón informativo" sobre os incendios?
[10/08/2004] "Tratar de agocharlle ao pobo a verdadeira dimensión da traxedia" ao xeito do que xa acontecera co Prestige serÃa a actitude da administración autonómica cos incendios. A denuncia do secretario de organización do PSOE chega ao tempo que a queixa do conselleiro de Medio Ambiente polas cifras de hectáreas queimadas ofrecidas polo ministerio, que dobran ás da consellerÃa. Sobre o tema, a CIG critica que a Xunta mide a superficie queimada sobre o mapa, "cando na realidade do terreo entre dous puntos hai montañas e elevacións" polo que existirÃa un "desaxuste bestial" nas cifras. Dende o BNG piden un foro parlamentario sobre o problema dos incendios que lle dea voz a todos os sectores sociais.
Onde van os cartos da loita contra o lume?As erradas polÃticas forestais na orixeA Xunta prohibirá plantar viñas en terreos queimadosOs sindicatos din que non hai vencello dos lumes coa reutilización de terreos para o agroNon é un "simple asunto de delincuencia"
Hai probas de intencionalidade en 54 incendios no que vai de ano
[10/08/2004] A cifra de incendios e terreo afectado polo lume a finais de xullo do 2004 supera xa o total do queimado ao longo de todo o ano 2003. "Temos a seca máis grande en trinta anos", afirmou o conselleiro ao respecto.
Lumes Nunca Máis
[10/08/2004] Manifesto: Esiximos responsabilidades da nefasta xestión da Xunta de Galiza e a ConsellerÃa de Medio Ambiente na loita contra os lumes en Galiza.Ler noticia completa en Vieiros