Pero, están aí e forón feitos por outras mans con outros xeitos de expresión e finalidades. Respecto. É o mínimo que eu pido.
Todo isto ben a conto para decirlle a aquiles que non respectan as obras feitas por outros hai máis ou menos tempo, que non todo vale e que me parece moi mal, e así como algunhas das expresión libres dos grafitteiros hoxe son obras moi admiradas, incluso en museos, estou seguro que lles gusta que se respecte a súa obra e non sexa borrada ou violada por outro calquera que chega despois.
Andamos nistes días a facer un traballo de recolleita de información gráfica e inventariar patrimonio no Val Miñor, e estamos a ver que algunhas obras están en moi mal estado e con pintadas e sen nengún tipo de respecto nen valoración por veciños e usuarios.
Por favor, respecto para o noso patrimonio, xa sexa o máis artístico e valioso xa o máis sinxelo e tradicional ou utilitario. Foi feito e posto aí e cumpriu e cumpre unha función.
Feliz aninovo a todos/as e... defendamos o noso, o de todos. Si está aí é por que alguén o puxo e o coidou. Non todo ten recambio, nin todo vale.