Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Non todo vale

Non todo vale

Correo-e Imprimir PDF
Caseta Covadiñeiro
Caseta alto da Groba
Caseta alto da Groba, pintada no tellado
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte
O grafitti é un xeito de expresión que eu respecto, e paréceme ben que a xente tente decir e expresar libremente o que queira. Só faltaría. Agora ben, desagradame a falla de respecto por outras obras ou feitos de expresión que están aí de antes, e que se poden compartir ou non, poden gustar ou non.

Pero, están aí e forón feitos por outras mans con outros xeitos de expresión e finalidades. Respecto. É o mínimo que eu pido.

 

Todo isto ben a conto para decirlle a aquiles que non respectan as obras feitas por outros hai máis ou menos tempo, que non todo vale e que me parece moi mal, e así como algunhas das expresión libres dos grafitteiros hoxe son obras moi admiradas, incluso en museos, estou seguro que lles gusta que se respecte a súa obra e non sexa borrada ou violada por outro calquera que chega despois.

Andamos nistes días a facer un traballo de recolleita de información gráfica e inventariar patrimonio no Val Miñor, e estamos a ver que algunhas obras están en moi mal estado e con  pintadas e sen nengún tipo de respecto nen valoración por veciños e usuarios.

Por favor, respecto para o noso patrimonio, xa sexa o máis artístico e valioso xa o máis sinxelo e tradicional ou utilitario. Foi feito e posto aí e cumpriu e cumpre unha función.

Feliz aninovo a todos/as e...  defendamos o noso, o de todos. Si está aí é por que alguén o puxo e o coidou. Non todo ten recambio, nin todo vale.