A presentación de Podemos en Nigrán acolleu medio centenar de asistentes onte sábado nas instalación do Hotel Sotomayor de Nigrán. A xuntanza non tivo carácter de asemblea, senón de instancia de presentación das bases políticas e organizativa, as que tiveron a cargo de militantes dos círculos xa conformados en Vigo (Oscar González) e Tui (Edurne Bastos). Rematada a sesión, Jesús Rodríguez, un dos convocantes de Nigrán, manifestou a VM.info a súa conformidade coa asistencia veciñal nesta primeira instancia cuxa acta foi inmediatamente feita pública nas redes.
Rematada a presentación procedeuse a dar a palabra aos asistentes para que formularan iniciativas e preguntas. Nomeadamente as estruturas organizativas e aspectos programáticos e ideolóxicos eran as temáticas maiormente abordadas polos asistentes. As mesmas foron recollidas pola mesa co obxectivo de ser tratadas polo propio círculo unha vez constituído.