Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Medio centenar de persoas asisten á primeira xuntanza de “Podemos” en Nigrán.

Medio centenar de persoas asisten á primeira xuntanza de “Podemos” en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
sotomaior
Download this file (1ª Acta Podemos Nigran.pdf)
10415679 252046518333609 1375573852582991137 n
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A presentación de Podemos en Nigrán acolleu medio centenar de asistentes onte sábado nas instalación do Hotel Sotomayor de Nigrán. A xuntanza non tivo carácter de asemblea, senón de instancia de presentación das bases políticas e organizativa, as que tiveron a cargo de militantes dos círculos xa conformados en Vigo (Oscar González)  e Tui (Edurne Bastos). Rematada a sesión, Jesús Rodríguez, un dos convocantes de Nigrán, manifestou a VM.info a súa conformidade coa asistencia veciñal nesta primeira instancia cuxa acta foi inmediatamente feita pública nas redes.

Rematada a presentación procedeuse a dar a palabra aos asistentes para que formularan iniciativas e preguntas. Nomeadamente as estruturas organizativas e aspectos programáticos e ideolóxicos eran as temáticas maiormente abordadas polos asistentes. As mesmas foron recollidas pola mesa co obxectivo de ser tratadas polo propio círculo unha vez constituído.

Attachments:
File
1ª Acta Podemos Nigrán