Liberan dous garranos en Morgadáns tras breve “xeira turística” no barrio de Hervillás.

Imprimir
garranos finca
garranos camion
garranos ceibes
garranos monte2
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Égua e poldro baixaron días atrás dende o Galiñeiro por motivos descoñecidos. Fame? Susto? Quen sabe, tal vez por pura aventura destes habitantes milenarios da serra que aínda pastan ceibes sen conciencia das limitacións territoriais e administrativas. Ficaron na finca dun bo veciño de Hervillás, ao que lle estragaron boa parte do seus cultivos. Este, aínda as perdas ocasionadas, deulles refuxio durante varios días e deu aviso á Garda Civil. O venres presentáronse o concelleiro de Gondomar, Juan Carlos González Camesella xunto a efectivos da policía local e un camión de gando que os transportou cara a Morgadáns e liberou no monte.

González Camesella, responsable de Medio Ambiente en Gondomar, agradeceu ao dono da finca "que pese aos danos que lle ocasionaron os tratou moi ben e os coidou durante uns días". Informou a VM.info que os garranos foron liberados nunha zona segura do monte de Morgadáns, e afastada da finca para que non intentaran volver.