Afectados pola estafa das preferentes protagonizan unha sentada no interior do Concello de Gondomar

Imprimir
Os afectados pola estafa das preferentes e subordinadas protestan no interior do Concello de Gondomar - Fotografia - Josué Villar

 

A estas horas, afectados pola "estafa das preferentes" no Val Miñor participan nunha sentada nas escaleiras do propio concello de Gondomar e non ceden na súa presión pública iniciada dende fai meses para solicitar a devolución dos seus aforros bloqueados pola entidade financieira.

Os actos de protesta estanse a multiplicar de xeito exponencial ante a noticia do Banco de España dunha quita da inversión entre o 40% e o 70%, o que suporía a perda dos aforros destes veciños que acucian perdas de emprego e incluso o reclamo de pago de impostos por parte da propia adminsitración central se teren en conta a situación económica que atravesan.

A fotografía foi publicada hai uns minutos polo portavoz e membro de Esquerda Unida de Gondomar, Jusué Villar que tamén participa nesta sentada reivindicativa.

Feijoo ameaza coa vía xudicial para recriminar a protesta das preferentes no parlamento
O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo advertiu onte en rolda de prensa que a presidencia da cámara visionaría as grabacións da última protesta protagonizada por membros da plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas de CaixaNova e Caixa Galicia no Baixo Miño e o Morrazo, por si a actuación era constitutiva de delito.