Crean un paso de peóns dobre diante do colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros.

Imprimir
paso pietierios

O Concello de Gondomar ven de concluír a colocación dun paso de peóns dobre diante do colexio Xosé Neira Vilas (Peitieiros). As obras acometéronse ca fin de dotar de maior seguranza a circulación de peóns nese punto da PO-2301, segundo informaron os concelleiros Jesús Salgueiro (Vías e Obras) e Paula Bouzós (Educación), encargados da xestión. A intervención foi subvencionada pola Deputación de Pontevedra, titular da estrada, segundo informou esta mañá a administración.