Unha empresa privada cubrirá as vacantes do Conservatorio de Música de Gondomar nos próximos tres meses.

Imprimir
paula bouzo_gondomar

O Conservatorio de Música de Gondomar retoma a normalidade dos cursos a través da contratación -en principio por un trimestre- dunha empresa privada que cubrirá as tres vacantes docentes que por motivos de xubilación e baixas de saúde sufría o cadro de profesores da entidade. Paula Bouzos, concelleira de Educación de Gondomar adiantou que o Conservatorio prepara un calendario para recuperar as clases perdidas dende o principio do curso. Agregou que o Concello convocará un proceso selectivo de concurso- oposición coa intención de contar con profesores propios a partir do vindeiro mes de xaneiro.

 

Bouzos mantivo a semana pasada, unha xuntanza informativa cos pais dos alumnos para polos ao corrente da solución. Nela sinalou que "recorreu a unha empresa para axilizar as novas incorporacións e a substitución destas profesionais e atallar así esta situación". En declaracións a valminor.info, Bouzos agregou que a selección da empresa se fixo polo sistema de contratación directa, en base a avaliación de tres presupostos solicitados pola administración a docentes e directores de música de recoñecida traxectoria.

Segundo información da concellería, os novos profesores integráronse aos cursos o mércores da semana pasada. Ase mesmo, Educación planifica establecer unha bolsa de contratación á que recorrer no suposto de que se volvan repetir situacións similares no futuro.