Novo accidente automobilístico na estrada Gondomar -Vincios, esta vez cunha persoa ferida.

Imprimir

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este xoves sobre ás 9 da mañá, na estrada Gondomar - Vincios(PO-331). O sinistro tivo lugar á altura de Chaín, "onde empezan as curvas", segundo datos facilitados polo Servizo de Emerxencias 112. A persoa foi asistida por un medico e unha ambulancia do 061 que a trasladou a POVISA, segundo as fontes sanitarias. Trátase do segundo accidente constatado nesta estrada e na mesma zona, no que vai da semana.