Peregrinos miñoranos da Asociación Avelaíña rematan mañá unha aventura de catro días cara Santiago.

Imprimir
1211379357indicador_camino_340

Nove peregrinos da Asociación Avelaíña pisarán maña a Catedral de Santiago de Compostela logo dunha peregrinación de catro días que seis deles comezaron no concello de Gondomar. Acompañados dunha monitora, o grupo comparte a experiencia percorrendo o Camiño de Santiago xunto con outros 51 peregrinos achegados dende distinto puntos do país polo Camiño Francés. A iniciativa, organizada pola Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), desenvólvese co obxectivo de rematar coa estigma que sofren as persoas co algún tipo de psicopatoloxía, explicaron membros de Avelaíña.

A aventura comezou o pasado martes 6 de setembro cun grupo de tres peregrinos acompañados dunha monitora de Avelaíña, que partiron dende A Guarda cara Gondomar polo Camiño Portugués da Costa. Alí, outros seis peregrinos miñoranos xuntáronse e dirixíronse ao concello de Melide, vello cruce dos camiños portugués e francés, onde se uniron ao resto dos peregrinos. A segunda etapa levounos por Arzúa e O Pino, para pasar a noite do mércores 7 en Arca.

Case dezaseis quilómetros fixeron nesta xornada para alcanzar o Monte do Gozo en Santiago xunto coa comitiva de 60 persoas na que se atopan tamén monitores e familiares. Mañá día 9, os espera un percorrido de 4, 5 quilómetros para rematar a experiencia na Catedral de Santiago. Os camiñantes participarán da misa do peregrino para logo compartir unha comida no casco antigo da capital galega.