As OMIX de Gondomar e Baiona convocan á 9ª edición do Certame de Fotografía Viaxando.
Un ano máis bota andar o Certame de fotografía Viaxando, este ano na súa 9ª edición. Concurso destinado a mozos de 12 a 35 anos que terán tempo até o vindeiro 23 de outubro para presentar imaxes coa temática do lema do certame "Viaxando".
O tamaño das fotografías debe ser de 20 x 30 cm. O premio consiste nunha tablet.
O concurso está organizado conxuntamente polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil de Baiona, A Garda, Gondomar, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, O Porriño e o Espazo Xove de Tui.
Para máis información, retirar as bases do concurso e presentación de fotografías, nas OMIX do Concello de Baiona e Gondomar, teléfono 986385925.