Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2015 deseñáronse nove percorridos dos cales dous serán en barco.
Data | Saída | Guías | Punto de Encontro |
1 xullo, mércores, 18:00h | Paseo botánico polo río Muíños (Porto do Molle) | Xosé Ramón García | Escola de Vela de Lourido (P. América) |
8 xullo, mércores, 18:00h | Os Cotos de Chaín | Pura González Martínez, Margarita Miramontes | Local do IEM |
17 xullo, venres, 20:00h | Os petróglifos do Monte Tetón* | Xosé Lois Vilar | Informe na Inscrición previa |
22 xullo, mércores, 21:15h | Ruta marítima Baiona-litoral Sur* (B1) | Xosé Lois Vilar | Embarque no Porto de Baiona |
29 xullo, mércores, 18:00h | A aldea de San Cosme | Anxo Rodríguez Lemos | Chan da Lagoa |
5 agosto, mércores, 18:00h | A Estrada Real | Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño, Carlos Méixome | Ponte da Ramallosa |
7 agosto, venres, 20:00h | Os petróglifos do Monte Tetón* | Xosé Lois Vilar | Informe na Inscrición previa |
12 agosto, mércores, 21:15h | Ruta marítima Baiona-Cíes* (B2) | Xosé Lois Vilar | Embarque no Porto de Baiona |
14 agosto, venres, 20:00h | Noite de estrelas e lobos | Xilberte Manso, Xulio Pereira Neiva, Xosé Lois Vilar | Chan da Lagoa |
Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar. Teléfono: 986 360 575 / Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo / www.minhor.org |
*Requisitos para asistir ás Xeiras marítimas.
Reserva de prazas:
a) Dende o día 1 de xullo de luns a venres, de 18:30 a 21:30 horas no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos).
b) De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA
c) No "concepto" do depósito debe constar a indicación "B1" ou "B2", acompañada dos números de viaxeiros que se lle outorgarán na reserva telefónica. Logo deben enviar o comprobante do ingreso ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
d) IMPORTANTE: de non enviar o comprobante 48 horas antes da saída da Xeira, será eliminada esa reserva
Prezos: Público xeral 15 € / Socios do IEM e menores de 12 anos, 10 €.
Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de variar a ruta (dependendo do estado da mar) ou de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.
*Requisitos para asistir ás Xeiras aos petróglifos do Monte Tetón
As visitas guiadas ao Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón serán gratuítas máis necesitan de inscrición previa. As mesmas terán lugar dende o día 1 de xullo de luns a venres, de 18:30 a 21:30 horas no teléfono 986 36 05 75 (Instituto de Estudos Miñoranos).
Descargar Calendario das Xeiras