Músicos de Gondomar ofrecerán concerto solidario co programa ‘Vacacións en Paz’ para cativos do Sáhara.

Imprimir

O vindeiro sábado 7 de febreiro a partir das 20 horas terá lugar un concerto solidario co programa Vacacións en Paz que coordina a ONG SOGAPS (Solidariedade galega co pobo saharauí). Baixo o lema "Música pola Paz" subirán a escena o Cuarteto de Saxos A.M. Vincios; a pianista Sara Gaviño; o cuarteto de cordas integrado por Gil, Mañá, Mariño e Carvalho; o Dúa Ameva; Unhamoza (voz solista), todos eles de Gondomar. Unirase ao evento o grupo de guitarras da A.S.C. Zamáns. O festival contará coa participación Noelia Otero, locutora da Cadena Ser.