Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Músicos de Gondomar ofrecerán concerto solidario co programa ‘Vacacións en Paz’ para cativos do Sáhara.

Músicos de Gondomar ofrecerán concerto solidario co programa ‘Vacacións en Paz’ para cativos do Sáhara.

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro sábado 7 de febreiro a partir das 20 horas terá lugar un concerto solidario co programa Vacacións en Paz que coordina a ONG SOGAPS (Solidariedade galega co pobo saharauí). Baixo o lema "Música pola Paz" subirán a escena o Cuarteto de Saxos A.M. Vincios; a pianista Sara Gaviño; o cuarteto de cordas integrado por Gil, Mañá, Mariño e Carvalho; o Dúa Ameva; Unhamoza (voz solista), todos eles de Gondomar. Unirase ao evento o grupo de guitarras da A.S.C. Zamáns. O festival contará coa participación Noelia Otero, locutora da Cadena Ser.