Espazo Lectura rende homenaxe ao poeta Celso Emilio cun recitado público no Café Rañolas de Gondomar.

Imprimir
cartaz recitando_celso_emil

A Asociación Espazo Lectura convida aos veciños a participar do acto colectivo RecitandocelsoemiliO, que terá lugar este mércores 12 de decembro ás 12 horas no Café Rañolas de Gondomar. A actividade consistirá nun recitado público do poema Deitado fronte ao mar, do escritor Celso Emilio Ferreiro, no centenario do seu nacemento.

 

A actividade forma parte dunha homenaxe nacional que se está a desenvolver neste caso dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), e que terá este mércores unha lectura simultánea do devandito poema en centros de ensino, concellos e asociacións culturais de toda Galicia. A actividade tamén coincide con 50 aniversario do libro Longa noite de pedra, onde o poema foi editado por primeira vez.

 Vídeo promocional da campaña RecitandocelsoemiliO

Dim lights Embed Embed this video on your site

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro a CGENDL, así como os colectivos que participan da campaña, queren render unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo "que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia".