Nova conferencia do ciclo "75 anos despois" coa presenza do Historiador Domingo Rodríguez Teijeiro.

Imprimir
domingo-r-teijeiro-vi

 

A nova conferencia do ciclo 75 anos despois terá como centro a presentación da obra Presos e prisións na Galicia de Guerra e Posguerra (1936-1945), do historiador Domingo Rodríguez Teijeiro.  Unha pescuda que afonda na situación dos cárceres en Galicia nos primeiros anos da ditadura franquista, entre as que se atopan o campo de Concentración do Mosteiro de Santa María de Oia e o Campo de Traballo de Monteferro. A cita é ás 20:30 horas na Capitanía Marítima de Baiona, na Rúa Elduayen Nº 20, 1º andar.

Esta terceira conferencia do ciclo organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión Volta dos Nove, toma como base o último traballo de Domingo Teijeiro, desenvolvido neste libro a partir da documentación dos centros de reclusión e de fontes de carácter lexislativo, militar e estatístico, ademais da importante memoria dos presos. O realizará unha ampla reconstrución do proceso de creación do sistema penal franquista e da súa evolución nos primeiros anos da posguerra.

O Autor.

Domingo Rodríguez Teijeiro é Doutor en Historia e profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo. Autor de máis de cincuenta traballos, entre os que cómpre salientar Historia de Ourense (coautor, 1996) e Longa noite de pedra no Mosteiro de San Salvador. Represión e reclusión en Celanova, 1936-1943 (1998).