Espazo Lectura prepara unha noite de acampada na Biblioteca con 30 cativos de Gondomar.

Imprimir
noite biblo

Unha acampada entre libros pode soar raro. Non é así para os cativos de Gondomar que por sétimo ano consecutivo pasarán unha noite nela, iso si, moi ben acompañados. Ademais dos xogos e aventuras que proporán os dinamizadores da Asociación Espazo Lectura, o mago Carlos Coira lavaraos ao mundo máxico co seu espectáculo Abrapalabra! Este ano serán máis de 30 os nenos que cos seus pixamas e sacos de durmir se farán este sábado do primeiro andar da Casa da Cultura a partir das dez da noite. O domingo pola mañá, espertarán con xogos poéticos e tras almorzar volver cos seus pais. A Noite na Biblioteca forma parte do programa a prol do fomento da lectura que ao longo do ano desenvolve a Asociación Espazo Lectura, neste caso coa colaboración do Concello de Gondomar.