Alumnos de primaria dialogaron co escritor Bieito Ledo Cabido no marco da mostra de libros antigos de Nigrán.

Imprimir
bieito-ledo-nigran

Máis de 140 alumnos de 3º e 4º de primaria participaron este martes dun coloquio co escritor e editor Bieito Ledo Cabido. O encontro tivo lugar no marco da I Andaina Escolar Exposición de Libros Escolares Antigos, que organiza o Concello de Nigrán.

Cun enfoque distendido e pedagóxico, o escritor explicou aos nenos a orixe e o valor da escritura, e dos libros, ao longo da súa historia. Así mesmo, lembrou a orixe do Día das Letras Galegas como acto institucional, que se remonta a 1963, para conmemorar o centenario da publicación da obra de Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
A próxima cita será co escritor Xosé Neira Vilas, o vindeiro venres 30 de maio, ás 11.00 horas no Salón de Actos municipal, cunha charla dirixida a alumnos de 5º e 6º de primaria.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro domingo 1 de maio, en horario de 18.00 a 20.00 horas de luns a domingo.