Ecoloxistas sinalan ás estruturas do camping como responsables das desfeitas no paseo marítimo da Foz.

Imprimir
ladeira 2
ladeira 1
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Asociación Ecoloxista A Groba sinala as infraestruturas do camping da Ladeira como as responsables das últimas desfeitas no paseo marítimo da Foz do Miñor. Representantes da Asociación ecoloxista A Groba comprobaron esta pasada fin de semana o "lamentable estado" que revisten varios pasaxes tras las choivas e o forte temporal que azoutou a costa. "A consecuencia está clara, Á Foz quere recuperar o seu espazo e arremete contra a barreira que representan os diques e muros do camping", sinalan desde o colectivo.
Voceiros da asociación sinalan que durante as pasadas tormentas de xaneiro xuntáronse intensas choivas cun forte temporal. No momento da marea alta as augas que chegan á Foz, dende os diferentes ríos que a formaron, provocaron un aumento do nivel das augas e fortes correntes. Polo cal durante estes días se pode apreciar que o paseo de madeira está totalmente destruído pola enchente. "Queremos recordar que o paseo foi realizado con fondos públicos, e que discorre invadindo o espazo de Á Foz por culpa da invasión que supón a presenza do cámping neste espazo" aclaran.


Os ecoloxistas acusan ás autoridades por non dar cumprimento ás ordes de derribo que penden sobre as instalacións do Camping Bayona, a última emitida en febreiro do 2012 desde o propio Concello de Baiona. Pregúntanse quen vai reparar os danos e se a operación se fará con cartos públicos.
Finalmente dende a A Groba sinalan que "unha ordenación do territorio racional levaríanos a usar o litoral como área de disfrute respetando a sua naturalidade, mantendo a súa calidade ambiental, e non usándoa como un área para servizos terciarios; as infraestructuras como os campings ben poderían ocupar outras áreas axeitadas e ben equipadas para estes servizos que se atopan moi cerca de Praia América. Se queremos desfrutar todos dos areais e mantelos para as xeracións futuras, necesitamos ir pensando en facer cambios nos usos que lles damos, é hora xa de non actuar contra a dinámica da costa se non a favor dela."