A alta probabilidade de choivas obriga a modificar as actividades dos Reis Magos en Gondomar e Nigrán.

Imprimir
REYES-MAGOS-EN-HIGUERA-DE-LA-SIERRA

O tradicional desfiles de rondallas de Reis de Gondomar queda á espera de nova data para a súa realización.

Cabalgata en Gondomar

Por motivos meteorolóxicos, mañá martes, a cabalgata de reis celebrarase no pavillón polideportivo de Gondomar. O tradicional percorrido do Nadal da cabalgata das súas maxestades os Reis Meigos de oriente polas rúas de Gondomar realizarase no pavillón polideportivo as 18:30 h. Tamén queda suspendida a visita que ían realizar ao nacemento vivente, que non se realizará polos mesmos motivos meteorolóxicos.

No pavillón polideportivo as súas maxestades recibirán aos nenos e nenas e a xornada estará amenizada por música tradicional e grupos de baile. Haberá varias sorpresas para todo o público.

Suspensión das Rondallas en Gondomar

Por outra banda, o XXXIV certame de rondallas tamén se suspende por mor da metereoloxía quedando a espera de decidir unha nova data para a súa realización.

Cabalgata en Nigrán

Os Reis Magos de Oriente serán recibidos este ano cun gran espectáculo circense a cargo da compañía "La Fiesta Escénica" no Pavillón de Panxón ás 18.00 horas. A alta probabilidade de choiva obriga a modificar o plan inicial de rematar a cabalgata ao aire libre na Praza do Concello.

En calquera caso, con choiva ou sen ela, as súas maxestades estarán na Ramallosa ás 16.30 horas e de alí partirán os paxes en vespas, vehículos clásicos e 600 grazas á colaboración de Clásicos Valmiñor, Vespa Miñor e Club 600 Arcade. Sen embargo, só se finalmente o tempo da un respiro as carrozas farán o seu percorrido saíndo de A Ramallosa ás 17,00 horas (previamente a Rondalla de Parada estaría animando á zona) pasando polas rúas Rans e Vista ó Mar ata chegar ao pavillón ás 18.30 horas (as rúas polas que pasan serían cortadas minutos antes).

As portas do Pavillón de Panxón abriranse ás 16,30 horas e a animación arrancará ás 17,00 horas coa Rondalla de Parada e a continuación (17,30 horas) a actuación dos diferentes grupos de baile da escola Bambú. Ao redor das 18.30 horas esperase a chegada dos Reis Magos, que serán recibidos cun gran espectáculo circense deseñado especialmente pola compañía "La Fiesta Escénica" para a ocasión. Finalmente, as súas maxestades dirixirán unhas palabras aos cativos e recibirán persoalmente as súas últimas peticións.